En Cooperativa HOXE estamos encantados de seguir participando nos obradoiros organizados por Vegalsa Eroski para que os máis pequenos aprendan a elaborar pan e queixo ao longo das súas distintas fases.

Durante estes talleres as nenas e nenos que participaron mostráronse en todo momento moi contentos, activos e participativos na elaboración destes produtos galegos.

Nesta ocasión estivemos no Eroski de Sixalbo, (Ourense).

Pan e queixo (se son galegos) saben a beixo!

Características dos  nosos queixos HOXE

Os queixos galegos da Cooperativa HOXE son un produto galego de calidade. Os nosos queixos son elaborados só con produtos naturais. A leite é recollida tódolos días en explotacións gandeiras familiares galegas. As vacas están en réxime de pastoreo e nas mellores condicións para a saúde animal.