Tacos de queixo madurado HOXE recheos de guacamole

Ingredientes

  • Queixo madurado HOXE relado
  • 2 Aguacates maduros
  • 1 Lima
  • 1 Tomate maduro
  • 1 Ceboliña
  • 1 Chisco de coandro ou perexil
  • Unhas gotas de tabasco
  • Sal

Pasos a seguir

  1. Sobre placa de forno con papel anti graxo formamos uns círculos enchendo ben co queixo relado, metemos ao forno ata que empezo a tomar un pouco de cor, retiramos e damos forma de taco.

Para o guacamole

  1. Pelamos o aguacate e trituramos cun garfo.
  2. Incorporámoslle a ceboliña moi picadiña, o tomate picadiño, sen pel nin pebidas, o coandro e o zume de lima, sazonamos e deixamos macerar durante unhas horas.

Acabado e presentación

Enchemos cada taco de queixo co guacamole e servimos.