Paté de atún e queixo

Ingredientes: 

  • 200 g de queixo Tetilla HOXE
  • 150 g de atún en aceite
  • 80 g de olivas verdes sin óso
  • 1 lata de anchoas en aceite
  • 2 culleradas de alcaparras
  • 2 ovos cocidos
  • 50 ml de crema de leite
  • Pementa

Pasos a seguir:

  1. Dispoñer nun recipiente o queixo torado, o atún escorrido, a metade das olivas verdes, as anchoas, os ovos pelados e a crema de leite.
  2. Trituralo todo xunto até obter a consistencia do paté. Engadir un chisco de pementa.
  3. Engadir as alcaparras e as olivas reservadas enteiras ou laminadas.
  4. Encher uns tarros de cristal co paté e reservar no frigorífico ata o momento de servir.
  5. Presentar na mesa cunhas tostas de pan.