Neste mes de outubro Cooperativa HOXE participou nos obradoiros que Vegalsa Eroski organizou para nenas e nenos, nestes obradoiros mostramos as distintas fases da elaboración dos queixos. Os pequenos mostráronse moi ledos e activos nos procesos de elaboración dos queixos galegos.

Participaron os centros comerciais de Vegalsa Eroski de Noia, Santiago (A Choupana) e Narón (Gándara).

Deixámosvos unha galería de imaxes nas cales podedes ver o ben que o pasamos!