Galicia, terra de sabores

Galicia, terra de sabores

A comarca do Deza é un paraíso no interior de Galicia, prados e ríos sucan as súas terras, sendo a gandería a nosa actividade agraria máis importante.

Na Cooperativa Hoxe realizamos unha actividade agroalimentaria que xera riqueza no cada vez máis esquecido medio rural galego. Desde a nosa quesería apostamos polo futuro de Galicia dando unha saída ao mundo agrario e axudando ao sostemento e fixación da poboación local e o seu modo de vida.

Agradecemos que os consumidores sigan apostando polos nosos queixos e por todos os produtos galegos porque Galicia é unha terra de sabores e o queixo galego non pode faltar en ningunha mesa.

 

Comments are closed.