O queixo Lendas do Deza ten uhna pasta prensada, corteza de cor marrón e unha textura elástica e cremosa á vez. Ten un sabor suave e doce con variedades de sabores a froitos secos (noces, abelás, etc). Na súa elaboración empréganse entre doce e catorce litros de leite puro de vaca aproximadamente.
É un queixo ideal para derretir, acompaña moi ben a todo tipo de carnes e peixes ao forno. Tamén se recomenda en hamburguesas o nunha ensalada.
Tempo de maduración a partir de 45 días.
Peza de 3 kilos aproximadamente.
Marida moi ben con viños brancos e tintos xóvenes galegos e incluso con cervexas tostadas.
Valores medos por cada 100 gramos
| VALOR ENERXÉTICO | 364 KCAL |
|---|---|
| Graxas
De las cuales, saturadas |
30 g
20 g |
| Hidratos de carbono
De los cuales azúcares |
1 g
< 1 g |
| Proteínas | 24,0 g |
| Sal | 1,2 g |
A elaboración é de forma tradicional. Énchense os moldes, prénsanse para que tomen a forma e textura adecuada. Oréanse os queixos en cámaras de maduración, recúbrense as codias para que non florezan os mofos e embálanse en caixas para o seu posterior envío ás tendas.













