Queixo Tetilla HOXE con Denominación de Orixe Protexida
O noso Queixo Tetilla HOXE con Denominación de Orixe Protexida (DOP) forma parte da Denominación de Orixe Queixo Tetilla, unha indicación xeográfica que garante a autenticidade e calidade deste produto único de Galicia.
Que é unha Denominación de Orixe Protexida?
Unha Denominación de Orixe Protexida (DOP) é unha indicación xeográfica aplicada a un produto, normalmente alimentario, que conta con características e calidades exclusivas dun territorio concreto.
No caso do Queixo Tetilla DOP, a súa singularidade vén marcada pola tradición, o coidado das materias primas e o mantemento dun proceso de elaboración tradicional. Os produtores que se acollen a esta denominación comprométense a manter a calidade máis alta posíbel.
Zona de produción do Queixo Tetilla
A produción do leite destinado á elaboración do Queixo Tetilla con DOP abrangue todo o territorio de Galicia.
Este queixo elabórase a partir de leite natural íntegro procedente do muxido de vacas das razas rubia galega, frisona ou pardo alpina, así como das súas cruces.
A alimentación do gando baséase principalmente en pastos e forraxes da propia zona, aproveitando o libre pastoreo. O leite empregado non contén calostros, nin conservantes, nin inhibidores ou produtos medicamentosos que poidan afectar negativamente á calidade do Queixo Tetilla galego.
Características organolépticas do Queixo Tetilla
-
Codia: fina, elástica e de cor amarela palla, sen presenza de mofos.
-
Pasta: branda, cremosa, uniforme, con poucos ollos pequenos repartidos; cor branca-marfil tirando a amarela.
-
Cheiro: suave, lixeiramente acedo, que lembra ao leite fresco.
-
Sabor e aroma: lácteo, mantecoso, lixeiramente acedo e cun toque de salgado suave.
Características físicas do Queixo Tetilla
-
Forma: cónica, lixeiramente convexa.
-
Peso: entre 0,5 e 1,5 kg (peza grande: 1,2 kg).
-
Dimensións: altura superior ao radio da base e inferior ou igual ao diámetro.
-
Máximo: 150 mm.
-
Mínimo: 90 mm.
-
Características fisicoquímicas do Queixo Tetilla
-
Materia graxa sobre extracto seco: mínimo 45 %.
-
Extracto seco: mínimo 45 %.
-
pH: entre 5,0 e 5,5.
-
Contido de auga en materia non graxa: entre o 66 e o 72 % (aos 8-15 días da elaboración).
Etiquetaxe e certificación
Os Queixos Tetilla DOP que se comercializan deben contar coa certificación do Consello Regulador, que garante a súa calidade e orixe. Levan unha contraetiqueta numerada co logotipo oficial da denominación.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe é quen avala e autoriza esta certificación, asegurando que o consumidor recibe un auténtico Queixo Tetilla galego de calidade garantida.
Queixo Tetilla HOXE
A Cooperativa HOXE forma parte activa do Consello Regulador da DOP Queixo Tetilla. O noso Queixo Tetilla HOXE acadou recoñecementos nacionais:
-
Premio ao mellor queixo de pasta branda no 2003 (Ministerio de Agricultura).
-
Accésit no 2005.
Se queres coñecer máis sobre o traballo do Consello Regulador e as garantías que ofrece, podes consultar aquí: [Máis información].