Queixo Tetilla

O Queixo Tetilla HOXE é de pasta branda lixeiramente prensada cun ton amarelo claro. Ten unha codia fina, interior cremoso, un olor a leite fresco e un toque lixeiramente ácido. Está elaborado con leite pasteurizado de vaca.

O máis universal dos queixos galegos

É o máis universal dos queixos galegos, elaborado dende hai séculos é un dos produtos que máis se identifican coa gastronomía galega. Tetilla HOXE é un queixo de textura pastosa que debe conservarse en sitio fresco, pero que debe ser sacado unhas horas antes de ser consumido. Pode ser comido tal cal ou acompañalo con marmelo ou con mel de Galicia.  Funde moi ben polo que se aconsella en pratos ao forno acompañando a carnes, peixes e incluso con polbo.

Tempo de maduración a partir de 9 días.

Peza 850 g. O queixo tetilla HOXE ten todas as características que inclúe a denominación de orixe e a garantía de calidade de HOXE Queixos.

Marida con viños brancos suaves de Galicia, Ribeiro e Rias Baixas (Albariño).

Valores medios por cada 100 gramos

VALOR ENERXÉTICO 337 KCAL
Graxas

Das cales, saturadas

29,1 g

20,02 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

0,8 g

> 0,5 g

Proteínas 18,0 g
Sal 1,25 g

A elaboración é de forma tradicional. Énchense os moldes, prénsanse para que tomen a forma e textura adecuada. Oréanse os queixos en cámaras de maduración, recúbrense as codias para que non florezan os mofos e embálanse en caixas para o seu posterior envío ás tendas.

Privacy Preference Center